Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

APROBACIÓN PROVISIONAL PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

01/07/2017 - Novas do Concello

O día 30 de xuño de 2017, na sesión ordinaria do pleno do Concello de Coles, e con carácter provisional, aprobouse o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Coles.

Este plan xeral é o primeiro que coñece este concello, e a súa elaboración estivo chea de dificultades alleas ao equipo de goberno do Concello de Coles, entre outras, a quebra do equipo redactor inicial e as continuas modificacións da Lei do Solo nos últimos anos; o plan iníciase baixo as directrices do ano 2002, coas posteriores modificacións debido ao cambio da Lei de Solo do ano 2004, outro cambio no ano 2010 e a última modificación da Lei no ano 2016.

Hai que resaltar que, as directrices nas que se desenvolve a elaboración dos plans de urbanismo baséanse nos informes sectoriais, entre os principais: os da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, os da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, ou os da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, entre outros. No tocante ao Concello de Coles, o plan desenvolveuse baixo as directrices de 16 organismos, algúns destes, informes vinculantes, o que significa que son de obrigatoria recollida no Plan de Urbanismo.

Outro dos condicionantes é a consolidación ou crecemento, a cal, segundo o artigo 23 da Lei 20/2016 punto 3.b, determina que se deberá presentar un grao de consolidación pola edificación; isto significa que o núcleo rural común se amplía e recolle, dentro do especificado no devandito artigo, cunha ampliación non superior a un crecemento do 50%, e o que se construíu nos últimos anos, e nos núcleos nos cales non se produciu ningunha edificación, non permite a creación de solo de núcleo rural común.

Esta Lei non contempla as problemáticas dos concellos das zonas rurais do interior, pero é de inaludible aplicación para poder aprobar un Plan Xeral.

Os veciños e veciñas que presentaron alegacións ao P.X.O.M. terán á súa disposición un un técnico municipal nas oficinas do concello, os martes día 4, 11 e 18 de xullo en horario de 16:00 h. a 19:00 horas e o xoves día 27 de xullo en horario de 8:30 h. a 14:30 horas.

Aínda que hai que sinalar, que o Plan Xeral de Ordenacion Municipal de Coles, aprobado provisionalmente, non é definitivo e é susceptible das modificacións que se indiquen por parte da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, xa que este documento será remitido á administración autonómica, á cal lle corresponde a súa aprobación definitiva.


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal