Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

Convocatoria para a selección dun/unha traballador/a para o servizo de axuda no fogar

20/07/2017 - Novas do Concello

1. Número de prazas:1. 2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar. 3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. 4. Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. 5. Servizo: Servizo de axuda a domicilio (SAD). 6. Sistema de selección: concurso de méritos. 7. Duración do contrato, ata a fin de servizo: ata o 31/12/2017. 8. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.044,14 €. 9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: CINCO días hábiles a contar desde o día seguinte o da publicación desta Convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e nesta mesma páxina web. 


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal