Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

AUDITORIO DE COLES - FEBREIRO E MARZO

16/02/2018 - Novas do Concello

Ó longo dos meses de febreiro e marzo vanse realizar as seguintes actuacións no Auditorio de Coles:

O domingo día 25 de febrerio, o grupo “OS MENINOS” farannos un percorrido pola música portugusesa.

O domingo día 4 de marzo, a quenda será para o grupo “CLAVE DE FADO”, formación galega nacida a finais de 2009 con sons máis característicos de Galicia e Portugal (fados, bossasfadeiras,) e tamén en clave de bossa-nova.

O domingo día 11 de marzo, vai ofrecernos un concerto o grupo “Cantareiras Charamusga” da Escola de Música de Coles, formado por veciñas e veciños do noso concello.

Este concerto vai ser para conmemorar o Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo. Este día, declarado oficialmente pola ONU en 1975, é un recoñecemento ás mulleres como artífices da historia e da loita pola súa liberación e igualdade co home. Reivindícase a todas as mulleres e a igualdade completa de dereitos.

Pero no 2018 aínda hai pouco que celebrar, e moito que reclamar: a fin da discriminación, que se erradiquen as violencias machistas, que se acade a igualdade salarial, a universalización dos coidados, o dereito para decidir, a libre elección... e a erradicación dos asasinatos machistas, unha verdadeira lacra. Non podemos seguir permitindo esta ideoloxía machista na que algúns homes se cren co dereito de asasinar mulleres polo mero feito de ser mulleres.

Seguiremos o domingo día 18 de marzo, co grupo de Percusión "ODAIKO", un concerto para que o público esperte o seu enxeño e se achegue ó fermoso mundo do espectáculo. Concerto no que o grupo ODAIKO fará fincapé nos tres elementos que sempre a caracterizaron como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena. Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso forman Odaiko Percussion Group. Odaiko é un grupo de percusión contemporánea que fusiona sons do jazz, o flamenco, o folk e mesmo sons traídos da música tradicional hindú e senegalesa.

Todos os concertos van ser ás 18:30 h.


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal