Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO

V RUTA CABALAR CONCELLO DE COLES

01/03/2018 - Novas do Concello

O próximo domingo 25 de marzo, terá lugar a V Ruta Cabalar Concello de Coles.

Os asistentes a este evento poderán gozar dunha amena ruta a cabalo polas fermosas paraxes do municipio.

A saída será dende o Polideportivo de Albán, ás 11 horas, coa recepción de animais a partir das 10:00 horas.

A ruta terá un percorrido de 20 km aproximadamente.

Ás 13:30 horas será a comida no Polideportivo de Albán e ás 16:30 horas terán lugar as carreiras nas inmediacións do Polideportivo. 

Ó remate das carreiras levarase a cabo o sorteo de diversos regalos e realizarase a entrega de premios.

O prazo de inscrición remata o xoves día 22.

O prezo será de 20 € por persoa (inclúe bocadillo quente e comida - A cargo de "Taberna Malé" A Peroxa -)

Os nenos/as menores de 10 anos gratis.

Será necesario confirmar asistencia a través dos teléfonos 679 316 665 (Sergio) e 637 735 381 (Antonio).


     

    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
    (C) Concello de Coles - Aviso Legal