Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO
Tablon de Anuncios
EXPEDIENTES VIXENTES


BUSCAR NO HISTÓRICO


  Buscar Novas...


Expedientes Vixentes

» Adxudicación do contrato para a explotación da hípica de Coles

Fecha publicación: 31/03/2017   |   Nº de Expediente:

Por acuerdo de la Junta de Gobierno Local, se adjudicó el contrato de EXPLOTACION DE LA HÍPICA DE COLES, publicándose su formalización a los efectos del artigo 154 del Texto refundido da ley de contratos del sector público, aprobado por e Real Decreto Legislativo 3/2011, del 14 de noviembre. 1. Entidad adjudicadora: a) Organismo: Ayuntamiento de Coles. b) Dirección de Internet del perfil del contratante: www.concellodecoles.org 2. Objeto del Contrato: EXPLOTACION DE LA HÍPICA DE COLES. a) Tipo: Contrato administrativo especial. b) Descripción: Explotación de la Hípica de Coles. c) Situación: Inmediaciones de A Barra. 3. Tramitación y procedimiento: a) Tramitación: Ordinaria. b) Procedimiento: Abierto. 4. Presupuesto base de licitación: a) Canon mínimo: 500,00 euros. 5. Formalización del contrato: a) Fecha de adjudicación:. 17/03/2017. b) Fecha de formalización del contrato: 31/03/2017 c) Contratista: HÍPICA DOS CABALEIROS DE SAN MAMEDE, SL. d) Canon de adjudicación. Importe: 1.500,00 euros. e) Duración: 5 años. Coles, a 31 de marzo de 2017. El Alcalde, Manuel Rodríguez Vázquez

Documentación do Expediente

    » Concurso explotación hípica de Coles

    Fecha publicación: 24/01/2017   |   Nº de Expediente:

    PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES DO PROCEDIMENTO ABERTO PARA A CONTRATACION ADMINISTRATIVA ESPECIAL DA EXPLOTACIÓN DA HÍPICA DE COLES EN A BARRA (COLES). I.- OBXECTO De conformidade co disposto no artigo 86 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro (en diante TRLCSP), o obxecto deste prego de cláusulas administrativas particulares é regular a contratación administrativa especial da prestación do SERVIZO DE EXPLOTACIÓN DA HÍPICA DE COLES, situada en A Barra (Coles). As instalacións que se poñen a disposición do adxudicatario son a edificación e os terreos adxacentes que figuran definidos no expediente de razón. De conformidade co establecido no artigo 22 do TRLCSP, a necesidade da contratación xustifícase polas características das instalacións e pola carencia de medios propios por parte do Concello para poder proceder á explotación do complexo. Código CPV: 80513000-3 (Servizos de escola de hípica); 92000000-1 (Servizo de esparexementos culturais e deportivos); 92622000-7 (Servizo de organización de espectáculos deportivos). Este prego de cláusulas administrativas particulares forma parte do expediente de contratación que será aprobado polo órgano de contratación competente, previamente á apertura do procedemento de licitación e adxudicación. II.- TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN A prestación referida á EXPLOTACIÓN DA HÍPICA DE COLES contratarase mediante procedemento aberto (artigos 157 a 161 do TRLCSP) e tramitación ordinaria (artigos 109 e 110 do TRLCSP). III.- NATUREZA Este contrato cualifícase como contrato administrativo especial, de conformidade co disposto no artigo 19.2 do TRLCSP, ao contar o concello cunhas instalacións que, no seu día, foron construídas para a finalidade de hípica. IV.- FINANCIAMENTO: SISTEMA DE RETRIBUCIÓN. CANON A ABOAR Á ADMINISTRACIÓN Serán de conta do adxudicatario todos os gastos de funcionamento das instalacións, tales como subministracións de enerxía, auga, lixo, verquidos, mantemento e conservación dos edificios e instalacións e da parcela. O adxudicatario retribuirase exclusivamente, ao seu risco e ventura, cos prezos percibidos dos usuarios polos servizos que lles preste mediante a explotación da hípica. Os ditos prezos terán a natureza de prezos privados, e serán libremente establecidos polo contratista, ao non constituír os servizos prestados ao público actos de prestación de servizos de competencia da administración pública nin prestarse en réxime de monopolio, legal nin de feito. O canon mínimo que deberá aboarse pola posta a disposición das instalacións será de 500 euros anuais máis IVE. O importe do canon que finalmente fique establecido, aboarase na 1º quincena do mes de xaneiro de cada exercicio e actualizarase anualmente a partir do 1 de xaneiro de 2018, en función do IPC interanual do mes de setembro do ano anterior, agás o correspondente ao exercicio de 2017 que se liquidará proporcionalmente ao tempo que reste para completarse o ano, e aboarase no prazo de 10 días dende a sinatura do contrato. V.- DURACIÓN DO CONTRATO. REVERSIÓN DE BENS, INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS. O prazo de prestación do servizo será de 5 anos, a contar dende o día seguinte ao da formalización, en documento administrativo, do correspondente contrato. Este prazo poderase prorrogar unha vez, por outros 5 anos. Ao termo do contrato, a totalidade dos bens, instalacións e equipamentos obxecto deste contrato reverterán ao concello de Coles en perfecto estado de conservación e libres de calquera carga ou gravame. O dereito de reversión esténdese ademais aos seguintes bens: a) Os equipamentos e melloras realizados polo adxudicatario que formen parte da súa oferta de melloras. b) As melloras efectuadas no inmoble e fisicamente inseparables del que, malia non estar incluídas na oferta, poida levar a cabo o adxudicatario do contrato durante a súa vixencia, por propia iniciativa e previa autorización expresa do concello de Coles. VI.- GARANTÍA PROVISIONAL Non se esixe garantía provisional para participar neste expediente tendo en conta o seu carácter potestativo, de conformidade co disposto no artigo 103 del TRLCSP. VII.- GARANTÍA DEFINITIVA O importe da garantía definitiva a constituír polo adxudicatario, en calquera das súas modalidades previstas no artigo 96.1 del TRLCSP, establécese a tanto alzado na contía de 2.000 €. En todo caso, axustarase ao disposto nos artigos 55 e seguintes do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en adiante RGLCAP), así como aos modelos que figuran nos anexos do expresado regulamento. A dita garantía constituirase no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación con dito fin. No caso de demora presumirase que o licitador retira a súa oferta e procederase de acordo co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. VIII.- CONDICIÓNS DOS LICITADORES. REQUISITOS DE SOLVENCIA ECONÓMICO – FINANCEIRA E TÉCNICA OU PROFESIONAL. Poderán presentar proposicións as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibicións de contratar, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. 1. A capacidade de obrar dos empresarios acreditarase: a) A capacidade de obrar dos empresarios que sexan persoas xurídicas, mediante a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. b) A capacidade de obrar dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación. c) Os demais empresarios estranxeiros, con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa. 2. A proba por parte dos empresarios da non concorrencia dalgunha das prohibicións de contratar do artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo TRLCSP, poderá realizarse: a) Mediante testemuño xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos, e cando devandito documento non poida ser expedido pola autoridade competente, poderá ser substituído por unha declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado. b) Cando se trate de empresas de Estados membros da Unión Europea e esta posibilidade estea prevista na lexislación do Estado respectivo, poderá tamén substituírse por unha declaración responsable, outorgada ante unha autoridade xudicial. 3. A solvencia do empresario: 3.1 A solvencia económica e financeira do empresario poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: a) Declaracións apropiadas de entidades financeiras ou, no seu caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais. b) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. c) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do contrato, referido como máximo aos tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias de devandito volume de negocios. 3.2. Nos contratos de servizos, a solvencia técnica dos empresarios acreditarase por un ou varios dos seguintes medios: a) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados no últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. b) Indicación do persoal técnico ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente aqueles encargados do control de calidade. c) Descrición das instalacións técnicas, das medidas empregadas polo empresario para garantir a calidade e dos medios de estudo e investigación da empresa. d) Cando se trate de servizos ou traballos complexos ou cando, excepcionalmente, deban responder a un fin especial, un control efectuado polo órgano de contratación ou, en nome deste, por un organismo oficial ou homologado competente do Estado en que estea establecido o empresario, sempre que medie acordo de devandito organismo. O control versará sobre a capacidade técnica do empresario e, si fose necesario, sobre os medios de estudo e de investigación de que dispoña e sobre as medidas de control da calidade. e) As titulacións académicas e profesionais do empresario e do persoal directivo da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Nos casos axeitados, indicación das medidas de xestión ambiental que o empresario poderá aplicar ao executar o contrato. g) Declaración sobre o persoal medio anual da empresa e a importancia do seu persoal directivo durante o tres últimos anos, acompañada da documentación xustificativa correspondente. h) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución dos traballos ou prestacións, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. i) Indicación da parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar. IX.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR. 1. As proposicións serán secretas e presentaranse en tres sobres pechados, separados e asinados polos licitadores ou persoa que os represente, co seguinte contido: SOBRE NÚM. A. Levará a mención "Documentación administrativa para a contratación da explotación da hípica de Coles" presentada por.......... coa firma do licitador ou persoa que o represente e indicación do nome, apelidos ou razón social da empresa. O sobre deberá conter (segundo o modelo incluído como ANEXO I deste prego) e consonte co disposto no artigo 146.4 do TRLCSP, unha declaración xurada do licitador indicativa de dispor da capacidade de obrar e de habilitación empresarial necesaria para a execución do contrato, de non atoparse incurso en prohibición de contratar do artigo 60 do TRLCSP con indicación expresa de atoparse o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social e de dispor da solvencia económica financeira e técnica esixidas para participar nesta licitación. SOBRE NÚM. B. Figurará nel a seguinte inscrición: "Proposición económica, relativa á oferta de melloras na prestación da explotación da hípica de Coles" presentada por.......... coa firma do licitador ou persoa que o represente e indicación do nome, apelidos ou razón social da empresa. Este sobre incluirá a oferta de melloras, na que se especificarán, coa debida claridade, as melloras que o licitador ofrece realizar, nos seguintes termos: a) Admitiranse as melloras consistentes en dotación de equipamentos e mobiliario para as instalacións obxecto do contrato. b) Admitiranse igualmente as melloras consistentes na realización de obras de mellora das condicións de conservación do inmoble, obras de decoración e obras de reparación, mellora ou reforma das súas infraestruturas de servizos (tales como instalacións de seguridade, climatización, servizos sanitarios e outros análogos) que melloren o seu rendemento funcional, a súa vida útil ou a seguridade, comodidade, salubridade ou estética das instalacións. En todo caso, estas melloras deberán presentarse mediante anteproxecto ou memoria técnica redactada por facultativo competente, e acompañada de informe urbanístico favorable emitido polo Concello de Coles. Non se admitirán, e teranse por non postas, aquelas ofertas cuxa legalidade urbanística non quede garantida coa achega do referido informe. c) Incluirase, en todo caso, a valoración económica das melloras ofertadas e unha explicación da súa funcionalidade e utilidade para a instalación. d) Incluirase igualmente o prazo de execución das melloras previsto, debendo en todo caso realizarse de modo completo no primeiro ano de contrato. As ofertas terán carácter incondicional, e deben describir suficientemente e con precisión as melloras ofrecidas. Os bens e equipamentos en que consistan as melloras quedarán en propiedade do concello de Coles ao termo do contrato. Non se admitirán as ofertas que exclúan esta condición, así como aquelas que carezan de valoración económica ou cuxa descrición non sexa suficiente para permitir a súa valoración. Igualmente, non se admitirán as ofertas que non indiquen prazo de execución, que establezan un prazo superior ao mínimo establecido ou aqueloutras que sometan a súa execución á condición da prórroga do contrato ou a calquera outra circunstancia futura incerta. En todos estes supostos, a oferta terase por non realizada. SOBRE NÚM. C. Figurará nel a seguinte inscrición: “Proposición económica, relativa ao canon ofertado pola explotación da hípica de Coles”, presentada por.......... coa firma do licitador ou persoa que o represente e indicación do nome, apelidos ou razón social da empresa, que incluirá a plica conforme ao modelo incorporado cono ANEXO II. 2. Cada licitador non poderá presentar máis que unha soa proposición. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en agrupación temporal con outras, se o fixo individualmente. A contravención deste principio dará lugar automaticamente ao rexeitamento de todas as por el presentadas. Os sobres presentaranse pechados no rexistro do concello de Coles, lacrados ou precintados. Poderán igualmente enviarse por correo nas condicións previstas no artigo 80.4 do RGLCAP. A presentación de proposicións presume por parte do licitador a aceptación incondicional das cláusulas deste prego e a declaración responsable de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa Administración, conforme ao artigo 145.1 do TRLCSP. X.- MESA DE CONTRATACIÓN A mesa de contratación estará integrada, de conformidade co disposto no apartado 10 da D.A. 2ª do TRLCSP, do seguinte modo: - Presidente: o Alcalde ou membro da Corporación en quen delegue. - Vogais: o Secretario-interventor, o Aparellador municipal, a Técnica local de emprego e o segundo Tenente Alcalde. - Secretario: o Secretario-interventor do Concello, sen prexuízo da súa condición de vogal. XI.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E SOLICITUDES DE INFORMACIÓN 1. As proposicións presentaranse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do concello de Coles, de luns a venres, en días hábiles e horas de oficina, ata as 14 horas do quinceavo (15) día hábil contado dende o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Se o último día do prazo de presentación da documentación coincidise en sábado ou festivo, entenderase prorrogado o devandito prazo ao primeiro día hábil seguinte. As bases íntegras deste concurso publicaranse no perfil do contratante do concello de Coles (www.concellodecoles.com). A documentación poderá remitirse tamén por correo, nas condicións previstas no artigo 80.4 do RGLCAP. De conformidade co citado artigo 80 do RGLCAP, se as proposicións se enviasen por correo, o licitador deberá xustificar ante esta Administración a data e hora de imposición do envío na Oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, no que se reflicta a hora na que se fixese entrega da oferta na Oficina de Correos. 2. Os licitadores poderán solicitar do órgano de contratación, dentro dos cinco primeiros días do prazo de presentación de proposicións e documentación, canta información adicional e documentación complementaria estimen necesaria para a presentación das súas ofertas, debendo serlles facilitada con polo menos seis días de antelación á finalización do prazo de presentación de ofertas (artigo 92.1 do RGLCAP, en relación co artigo 158.2 do TRLCSP). As solicitudes de información dirixiranse á seguinte dirección de correo electrónico: aedl@concellodecoles.org No mesmo prazo de cinco días, e a través da dita dirección de correo electrónico, os licitadores poderán solicitar a realización dunha visita á instalación obxecto do contrato. A data da visita será establecida polo concello, debendo realizarse como mínimo con seis días de antelación respecto da finalización do prazo de presentación de ofertas. Os gastos de publicidade serán por conta do adxudicatario ata o importe de 200 €. XII.- CALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS. O primeiro martes hábil, seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12,00 horas constituirase a mesa de contratación para a cualificación dos documentos presentados en tempo e forma no «sobre A», formalizándose a acta correspondente. Se non existisen deficiencias que emendar, a apertura do «sobre B», efectuarase o mesmo día, ás 13,00 horas, nas dependencias do concello. Noutro caso, a mesa de contratación, se observase defectos ou omisións emendables na documentación presentada, comunicarállelo verbalmente aos interesados. Sen prexuízo do anterior, as circunstancias deberán facerse públicas a través de anuncios do órgano de contratación no perfil do contratante, concedéndose un prazo non superior a tres días hábiles para a corrección ou rectificación dos defectos ou omisións ante a mesa de contratación, procedéndose á apertura en acto público do «sobre B», o martes seguinte á mesma hora, nas dependencias do concello. Unha vez examinada e cualificada a documentación do «sobre B», procederase á apertura, en acto público e en data que se comunicará oportunamente, do «sobre C», dando conta previamente aos licitadores da puntuación obtida por cada un deles en canto ao «sobre B» e, no seu caso, do rexeitamento da oferta presentada polas deficiencias que determinan a súa inadmisión conforme á cláusula IX.1 deste prego. A apertura do «sobre C» efectuarase nas dependencias do concello de Coles, ás 13,00 horas do día que determine a mesa, que será comunicado telefonicamente aos licitadores cando menos con 48 horas de antelación respecto de celebración do acto. No suposto de envío de documentación por correo que faga imposible a cualificación da documentación e a apertura de proposicións nas datas sinaladas, o secretario da mesa comunicará aos licitadores as novas datas de tales actos. XIII.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN Para os efectos da adxudicación deste contrato, teranse en conta os seguintes criterios, coa ponderación que se indica para cada un deles: 1.- Canon ofertado: valorarase de 0 a 2 puntos, asignándose 2 puntos ao maior incremento verbo do tipo de licitación, e valorándose o resto de ofertas en proporción directa. 2.- Oferta de melloras: valorarase de 0 a 8 puntos, de xeito motivado, tendo en conta tanto o valor económico da mellora ou melloras ofertadas como a súa utilidade para a instalación: 2.1.- Experiencia na xestión de instalacións que presten servizos cualificados pola mesa como similares, incluíndose nos mesmos actividades específicas que garden relación coas funcións dunha hípica: valorarase de 0 a 2 puntos. 2.2.- Medios humans e cualificación relacionada coa materia, das persoas integrantes da mesma, documentalmente acreditados na proposta: valorarase de 0 a 2 puntos. 2.3.- Melloras materiais ofertadas polos licitadores, referidas a dotacións de obras e instalacións e prazo de execución das mesmas: valorarase de 0 a 2 puntos. 2.4.- Plan de xestión, incluíndo programas de coidados dos animais, programas de eventos e outras actividades relacionadas coa hípica e calendarios dos mesmos: valorarase de 0 a 2 puntos. XIV.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO A mesa de contratación, logo de solicitude e análise, se é o caso, dos informes, técnicos ou xurídicos, que estime pertinentes relacionados co obxecto do contrato, presentará as proposicións coa acta correspondente e a proposta que considere pertinente o órgano de contratación para a adxudicación do contrato. Unha vez vista a proposta da mesa, o órgano de contratación clasificará as ofertas presentadas e admisibles por orde decrecente, en atención ós criterios de adxudicación e requiriralle ao licitador que presentase a oferta que no seu conxunto resulte economicamente máis vantaxosa, para que dentro dos dez días hábiles seguintes ó da recepción do dito requirimento achegue no rexistro xeral do concello de Coles a seguinte documentación: 1. Aquela que acredite a personalidade do empresario: tratándose de persoas xurídicas acreditarase, ben mediante a escritura de constitución e de modificación, se é o caso, inscritas no Rexistro Mercantil, ben mediante escritura ou documento de constitución, modificación, estatutos ou acto fundacional, inscrito, se é o caso, no correspondente rexistro oficial, acompañadas da correspondente escritura de poder, validada pola secretaria do concello ou polos seus servizos xurídicos e do NIF do apoderado. A capacidade de obrar das empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo acreditarase mediante a inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións que se indican no anexo I do RXLCAP, en función dos diferentes contratos. No suposto de concorrer un empresario individual será suficiente a achega do NIF e, se é o caso, a escritura de apoderamento debidamente legalizada, ou as súas fotocopias debidamente autenticadas. 2. Xustificación da solvencia económico - financeira, do xeito previsto na cláusula VIII.2.a) ou b.1) deste prego. 3. Xustificante da solvencia técnica, do xeito previsto na cláusula VIII.2.a) ou b.2) deste prego. 4. Xustificación de non encontrarse o licitador, incurso en ningunha das prohibicións de contratar co sector público do artigo 60 do TRLCSP, con expresa mención de encontrarse ó corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente, presentada consonte co disposto no artigo 73 do TRLCSP. 5. Para as empresas estranxeiras, declaración expresa de sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para tódalas incidencias que de modo directo ou indirecto poidan derivarse deste contrato, con renuncia ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlles. As empresas estranxeiras non comunitarias, ademais, deberán acreditar que teñen aberta sucursal en España, con designación de apoderados ou representantes para as súas operacións e que estean inscritas no Rexistro Mercantil. Toda a documentación presentarase en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. Non obstante o anterior e antes da adxudicación, o órgano de contratación poderá, mediante resolución motivada, renunciar á celebración do contrato ou desistir do procedemento, nos termos regulados no artigo 155 do TRLCSP. A adxudicación será notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante (http.www.concellodecoles.com). XV.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A formalización do contrato, en documento administrativo e, no seu caso, en escritura pública, materializarase dentro do prazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da recepción da notificación polos licitadores do acordo de adxudicación. De conformidade co disposto no artigo 154 do TRLCSP, a formalización publicarase, en todo caso, no perfil do contratante e no BOP de Ourense. XVI.- EXECUCIÓN DO CONTRATO. DEREITOS E OBRIGAS DAS PARTES. O contratista terá os seguintes dereitos e obrigas: A ) Dereitos 1. A ser respectado por terceiros na súa condición de contratista e a obter o apoio e protección necesaria do concello de Coles para a realización da actividade en condicións de normalidade e para o cesamento das perturbacións que poidan producirse. 2. Á percepción das contraprestacións pactadas pola prestación do servizo. 3. A propoñer á administración cantas modificacións considere necesarias respecto da execución do contrato, para a súa consideración polo órgano de contratación. B ) Obrigas 1. Prestar o servizo coa continuidade e regularidade debidos nos termos establecidos na súa oferta, sen prexuízo das instrucións ditadas posteriormente polo órgano de contratación. 2. Adquirir e repoñer todos os elementos precisos para a posta en marcha das instalacións e contratar o persoal necesario co devandito fin, sendo ao seu cargo o pagamento dos salarios e emolumentos de toda índole que correspondan ao persoal. 3. Permitir que en calquera momento os servizos técnicos da administración poidan inspeccionar o estado de conservación das instalacións e a explotación do servizo e subministrar canta información lle sexa requirida polos devanditos servizos. 4. Indemnizar a terceiros polos danos que poida producir o funcionamento do servizo por causa imputable ao contratista ou ao persoal ao seu servizo. 5. Manter en perfecto estado de conservación, hixiene e limpeza a construción, servizos e instalacións, incluso efectuando as reparacións que foran precisas para o efecto. 6. Manter, á súa costa, a vixilancia permanente das instalacións. 7. Non allear nin gravar ningún tipo de bens afectos ao servizo que houberen de reverter a administración, salvo autorización expresa desta. 8. Satisfacer os tributos legalmente establecidos. 9. Aboar os gastos por mantemento do material e instalacións, subministracións de auga e enerxía eléctrica, recollida de lixo, saneamento, telefonía e os demais que resulten precisos para o bo funcionamento do servizo. 10. Obter, á súa costa, todas as autorizacións necesarias para a explotación do servizo. 11. Cumprir as disposicións legais e regulamentarias vixentes, en especial as laborais, en todos os seus aspectos, incluídos a previsión e Seguridade Social en vigor. En consecuencia, o contratista deberá formalizar a protección respecto ás continxencias de accidentes de traballo e de enfermidade do persoal ao seu servizo coa mutualidade laboral correspondente. Así mesmo, o contratista observará rigorosamente a lexislación sanitaria e sobre seguridade e saúde no traballo e prevención de riscos laborais. 12. Formalizar cunha compañía de seguros, unha póliza que cubra a todo risco os inmobles que comprendan as instalacións, e de responsabilidade civil fronte a terceiros no exercicio da actividade, incluídos os danos por incendio. 13. Velar pola boa orde do servizo, ditando as instrucións precisas, sen prexuízo dos poderes de policía da administración titular deste. 14. Levar un libro de reclamacións de acordo coa normativa vixente. 15. Levar unha contabilidade clara da actividade obxecto deste contrato. 16. Aboar o canon ofertado nos prazos establecidos no presente prego. 17. Executar as melloras conforme á oferta e no prazo establecido na mesma. 18. Cumprir as demais obrigas ao seu cargo dimanantes deste prego ou que sexan de aplicación. 19. Designar un delegado da empresa con capacidade para exercer a súa representación nos actos derivados do cumprimento das obrigas do contrato e para organizar e executar os servizos e ditar as instrucións para o seu desenvolvemento. Este delegado actuará á súa vez como representante e único interlocutor válido ante o concello de Coles respecto á xestión do servizo. As obrigas recollidas nos apartados 1 a 17, ámbolos dous inclusive, teñen a todos os efectos o carácter de obrigas contractuais esenciais. O concello de Coles ostenta as prerrogativas e obrigas que se establecen no TRLCSP, dentro dos límites e con suxeición aos requisitos e efectos sinalados na citada Lei e RXLCAP e, en particular, ás seguintes: A ) Dereitos 1. Á reversión das obras, instalacións e equipamentos vinculados ao contrato e aqueloutros cuza reversión estea prevista neste prego, libres de calquera carga ou gravame, ao día seguinte da súa terminación, cesando no aproveitamento dos bens, poñéndoos a disposición do concello de Coles en pleno dominio e en perfecto estado de conservación e mantemento. 2. A inspeccionar, en calquera momento, o servizo, as súas obras e instalacións. 3. A resolver o contrato antes do seu vencemento, polas causas legalmente previstas. Salvo cando a resolución estea baseada en causas imputables ao adxudicatario, procederá o resarcimento de danos e indemnización de prexuízos, de acordo coas disposicións legais vixentes. En tales supostos o adxudicatario comprométese a abandonar e deixar libres as instalacións no prazo dun mes, a partir da notificación do acordo de resolución. Noutro caso, perdería automaticamente o dereito a resarcimento e indemnización, sen prexuízo das accións legais que puidese emprender. B ) Obrigas Outorgar ao adxudicatario a protección axeitada para que poida prestar o servizo en condicións de normalidade. O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de modificar por razóns de interese público o contrato con suxeición ao disposto nos artigos 105 a 108, 219 e 282 do TRLCSP e 158 a 162 do RGLCAP. Os acordos que dite o órgano de contratación, logo de informe da Secretaría-intervención, no exercicio das súas prerrogativas de interpretación, modificación e resolución, serán inmediatamente executivos. XVII.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO Serán causas de resolución do contrato, sen prexuízo das establecidas no TRLCSP: - A demora por tempo superior a 1 mes no pago do canon comprometido en calquera dos seus vencementos. - O incumprimento de calquera das prestacións comprometidas polo adxudicatario na oferta de melloras. - A infracción das normas de seguridade de observancia obrigatoria para a o contratista. XVIII.- EXTINCIÓN DO CONTRATO E REVERSIÓN DAS INSTALACIÓNS O contrato extinguirase polo transcurso do prazo ou por resolución deste. Ao termo do servizo, ben sexa por cumprimento do prazo ou por calquera outra causa, as obras e instalacións afectas ao servizo reverterán ao concello de Coles en pleno dominio e libres de cargas e en condicións de conservación e funcionamento axeitados nos termos da cláusula XVI. XIX.- GASTOS O adxudicatario quedará obrigado a pagar o importe dos gastos de publicidade da licitación ata o importe máximo de 200 € e de cantos outros gastos se deriven dos trámites de preparación, adxudicación, formalización e execución do contrato, incluídos todo xénero de tributos e prezos públicos estatais, autonómicos ou locais e en particular os gastos por consumo de auga potable, enerxía eléctrica, saneamento, recollida de residuos, telecomunicacións e demais vinculados ao normal funcionamento e explotación da instalación. XX.- CÓMPUTO DE PRAZOS Conforme co disposto na D.A. 12ª do TRLCSP, todos os prazos que se sinalen en días se entenden naturais, a non ser que se faga constar que se trata de días hábiles. XXI.- NORMATIVA APLICABLE E FORO XURISDICIONAL En todo o non previsto neste prego, rexerá, en canto á preparación, adxudicación efectos e extinción do contrato, o disposto no TRLCSP e nas súas disposicións de desenvolvemento e no RGCAP; supletoriamente, aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e no seu defecto as normas de dereito privado (artigo 19.2 do TRLCSP). En particular resultará de aplicación a normativa estatal e autonómica sectorial vixente aplicable aos establecementos dedicados hípica. As controversias que puidesen xurdir entre as partes no ámbito deste contrato resolveranse ante a xurisdición contencioso -administrativa (artigo 21.1 do TRLCSP). XXII.- EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN O expediente de contratación no que se integra o presente prego, será sometido a aprobación do órgano de contratación e queda depositado na Secretaría-intervención do concello de Coles para que os licitadores e demais interesados poidan examinalo e formular as observacións e reclamacións que estimen pertinentes, sen que a interposición destas produza efectos suspensivos sobre a tramitación do expediente. Sen prexuízo de calquera outros recursos que se estimen procedentes, os pregos de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que haxan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a o órgano de contratación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso - administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos prazos desde o día seguinte ó da publicación dos anuncios de licitación ou, no seu caso, da última publicación (se non fosen simultáneos). En calquera caso, a presentación de reclamacións e a interposición de recursos non producirá, por si soa, efectos suspensivos sobre a tramitación do expediente. Coles, a 12 de xaneiro de 2017. O Alcalde, Manuel Rodríguez Vázquez

     

    ANEXO I DECLARACION RESPONSABLE Don/dona ____, D.N.I. nº. , con domicilio en_____,en representación da empresa ________. DECLARA: Que, en cumprimento do disposto na letra c) do apartado 1 do artigo 146 do Real Decreto Lexislativo 3/2011 do 14 de novembro, polo que se aprobou o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, nin el nin a empresa á que representa se atopan incursos en ningunha das prohibicións ou incompatibilidades establecidas no artigo 60 do dito texto legal. Que igualmente están a corrente no pago de todas as súas obrigas tributarias e de Seguridade Social, e por isto, de ser proposto adxudicatario, presentará ante o órgano de contratación no prazo concedido para o efecto, os certificados positivo expedidos pola Axencia Estatal Tributaria e pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Que a empresa dispón da capacidade de obrar, da habilitación empresarial e da solvencia económico - financeira e técnica ou profesional esixidas para participar nesta licitación. (Lugar, data e firma). ANEXO II PROPOSICIÓN ECONÓMICA, RELATIVA AO CANON OFERTADO Don/dona ____, D.N.I. nº. , con domicilio en_____,en representación da empresa ________. MANIFESTA: Que está informado/a do expediente e condicións para a contratación da explotación da hípica de Coles, sita en A Barra (Coles), e comprométese á súa xestión, con suxeición ás bases aprobadas e á lexislación sectorial aplicable, e a aboarlle ao concello de Coles en concepto de canon polo uso das instalacións, de …… € anuais (máis IVE). (Lugar, data e firma).

    Documentación do Expediente

      » Decreto de contratación de persoal

      Fecha publicación: 01/12/2016   |   Nº de Expediente:

      DECRETO CONTRATACIÓN PERSOAL Tendo en conta a necesidade de cubrir cinco prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar a xornada completa durante 12 MESES en réxime de laboral temporal. Aprobadas as correspondentes bases, con data 14 de novembro de 2015, aberto o prazo de presentación de solicitudes, mediante edicto no BOP de Ourense e anuncio no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web. Vista a relación de admitidos e excluídos e a acta da comisión de valoración de data 1 de decembro de 2016. Visto o expediente tramitado e a documentación que o acompaña, e de conformidade co establecido no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, RESOLVO: PRIMEIRO. Aprobar a relación de aprobados proposta pola comisión de valoración, que superaron as probas selectivas referenciadas, sendo a seguinte, pola orde que se indica: 1.-Dª Josefa González Gómez DNI n.º 34928883W, Puntuación 9,19 2.-Dª Lourdes Basalo Blanco DNI n.º 34967231D, Puntuación 8,51 3.-Dª Eva Sánchez Rodríguez DNI n.º 44449123J, Puntuación 8,34 4.-Dª Belén Basalo Blanco DNI n.º 34963891G, Puntuación 8,00 5.-Dª Yolanda Cid Saavedra DNI n.º 44468851F, Puntuación 4.20 SEGUNDO. Iniciar as actuacións previstas o día 01/01/2017. TERCEIRO. Tramitar as altas na Seguridade Social, formalizar os oportunos contratos polo tempo previsto no expediente e coa categoría, salario e demais condicións laborais que igualmente figuran no expediente de razón e na lexislación vixente. CUARTO. Aprobar a seguinte lista de agarda para cubrir, en caso de urxencia, posibles baixas ou novas demandas que poidan xurdir na obra ou servizo, segundo as bases da convocatoria e pola orde que se indica: 1.-Dª María Teresa Escribano Suárez DNI 36569174W, Puntuación 3,08. 2.-Dª Belén Rodríguez Valtelhas DNI 34984412D, Puntuación 1,80. 3.-Dª Mercedes Roales Fernández DNI 34965936W, Puntuación 1,64. 4.-Dª Milagros Gago Fernández DNI 34999410B, Puntuación 0,68. En situacións ordinarias optarase por abrir novo proceso selectivo. QUINTO. Notificar aos interesados cos recursos procedentes. SEXTO. Publicar a presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello. Coles, 1 de decembro de 2016 O Alcalde, Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

      Documentación do Expediente

        » Contratación laboral temporal 5 auxiliares de axuda no fogar

        Fecha publicación: 28/11/2016   |   Nº de Expediente:

        RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA APROBANDO A LISTA DE ASPIRANTES Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para a selección de persoal para a contratación das prazas e características obrantes no expediente. De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas mediante Resolución da Presidencia obrante no expediente RESOLVO: PRIMEIRO. Aprobar a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos: RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS: - Basalo Blanco Belén, DNI 34963891G - Basalo Blanco Lourdes, DNI 34967231D - Cid Saavedra Yolanda, DNI 44468851F - Escribano Suárez María Teresa, DNI 36569174W - Gago Rodríguez Milagros, DNI 34999410B - González Gómez Josefa, DNI 34928883W - Roales Fernández Mercedes, DNI 34965936W - Rodríguez Valtelhas Belén, DNI 34984412D - Sánchez Rodríguez Eva, DNI 44449123J RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS. CAUSA: - Frías Roque Gicela, DNI 45161354A. Non presentou a titulación esixida nas bases da convocatoria (base 2ª). - Jarandilla Domínguez José Ignacio. DNI 46888341N. Non presentou a titulación esixida nas bases da convocatoria (base 2ª). SEGUNDO. Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de 2 días, para corrixir os defectos ou acompañar os documentos preceptivos que motivasen a súa non admisión. Coles, 28 de novembro de 2016 O Alcalde, Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

        Documentación do Expediente

          » Obra: "Contratación do servizo de "REMATE REDACCIÓN PXOM DE COLES", por procedemento negociado se publicidades, tramitacion urxente.

          Fecha publicación: 04/04/2016   |   Nº de Expediente:


          REMATE REDACCIÓN P.X.O.M. DE COLES

          » Adxudicación dunha licenza de autoturismo (clase 8) -taxi adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida e en cadeira de rodas-

          Fecha publicación: 07/09/2015   |   Nº de Expediente:

          O Pleno da Corporación, na sesión do 4/09/2015, aprobou o prego de cláusulas administrativas para a adxudicación dunha licenza de autoturismo (clase B) -taxi adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida e en cadeira de rodas-, para a prestación do servizo de transporte de viaxeiros en automóbiles lixeiros de aluguer con condutor no concello de COLES. A tal fin, anuncianse os prazos para a exposición ao público do citado prego e presentación de solicitudes polos interesados.

          » Obra "Ampliación e mellora do acceso Vilarchao-Meriz (Tramo: Casa do Concello - Estrada OU502)"

          Fecha publicación: 17/07/2015   |   Nº de Expediente:

          Adxudicación definitiva da contratación das obras de  "Ampliación e mellora do acceso Vilarchao-Meriz (Tramo: Casa do Concello - Estrada OU502)" por procedemento negociado, sen publicidade, tramitación urxente.
           

          Documentación do Expediente

          » Obra "Mellora da capa de rodadura dos camiños do concello de Coles".

          Fecha publicación: 08/04/2015   |   Nº de Expediente:

          Documentación do Expediente

           

          Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
          Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
          (C) Concello de Coles - Aviso Legal