Tlf. 988 205 134    |    Fax 988 205 107   |   info@concellodecoles.com
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO
Tablon de Anuncios

Últimos Anuncios Publicados

» Aprobación inicial ordenanza emerxencia social

Fecha publicación: 28/11/2017   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2017

O Pleno do concello, en sesión celebrada o día 24 de novembro de 2017, acordou a aprobación inicial da Ordenanza Reguladora da Concesión de Axudas de Emerxencia Social do Concello de Coles. E en cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte á inserción no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Se transcurrido dito prazo non se presentasen reclamacións, considerarase aprobado definitivamente dito Acordo. En Coles, a 28 de novembro de 2017. O ALCALDE, Asdo: Manuel Rodríguez Vázquez

    » Aprobación inicial orzamento 2017

    Fecha publicación: 27/11/2017   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2017

    Unha vez aprobado inicialmente polo pleno da corporación, en sesión do 24 de novembro de 2017, o orzamento xeral para o exercicio económico 2018, co cadro de persoal para o citado exercicio, segundo o disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, así como noutras disposicións concordantes, exponse ao público, por un prazo de quince días hábiles, que comezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no B.O.P., a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións oportunas. O Orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións. Coles, 27 de novembro de 2017. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

      » Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de axuda a domicilio

      Fecha publicación: 10/11/2017   |   Fecha límite de exposición: 30/11/2017

      Convocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 10/11/2017. 01. Número de prazas:8. 02. Denominación: auxiliar de axuda no fogar. 03. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. 04. Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. 05. Servizo: Servizo de axuda a domicilio (SAD). 06. Sistema de selección: concurso de méritos. 07. Duración do contrato: ata a fin de servizo (31/12/2018). 08. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.044,14 €. 09. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e na súa páxina Web www.concellodecoles.com Coles, 10 de novembro de 2017 O Alcalde, Asdo. Manuel Rodríguez Vázquez

        » Convocatoria para a contratación laboral dun/unha limpador/a

        Fecha publicación: 27/09/2017   |   Fecha límite de exposición: 31/10/2017

        Convocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 27/09/2017. 1. Número de prazas:1. 2. Denominación: persoal de limpeza ou limpiador/a. 3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal de interinidade. 4. Xornada: parcial, 20 horas semanais, de luns a venres. 5. Servizo: Servizo de limpeza. 6. Sistema de selección: concurso de méritos. 7. Duración do contrato: ata reincorporación da traballadora substituída. 8. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 487,32 €. 9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: CINCO días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación desta Convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e na súa páxina Web www.concellodecoles.com. Coles, 27 de setembro de 2017 O Alcalde, Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

          » Aprobación inicial suplemento de crédito SC3/2017

          Fecha publicación: 04/09/2017   |   Fecha límite de exposición: 04/10/2017

          O Pleno do Concello de Coles, na sesión que tivo lugar o día 1 de setembro de 2017, acordou a aprobación do expediente de modificación de créditos (suplemento de crédito SC3/2017), dentro do vixente orzamento, e en cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público, por prazo de quince días hábiles, na secretaría do Concello, a fin de que durante o mesmo, que comezará a contarse desde o seguinte ao de inserir este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán dirixirse ao Pleno da Corporación. En Coles, a 4 de setembro de 2017. O ALCALDE, Asdo: Manuel Rodríguez Vázquez

            » Convocatoria para a contratación laboral de dous choferespara vehículo motobomba

            Fecha publicación: 30/08/2017   |   Fecha límite de exposición: 30/09/2017

            Convocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 30/08/2017. 1. Número de prazas:2. 2. Denominación: condutor-operador de maquinaria forestal con motor, en xeral. 3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. 4. Xornada: completa, según convenio asinado coa Consellería de Medio Rural. 5. Sistema de selección: concurso de méritos. 6. Duración aproximada do contrato: 2,5 meses. 8. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.330,00 €. 9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: CINCO días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación desta Convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles) e na súa páxina Web www.concellodecoles.com Coles, 30 de agosto de 2017 O Alcalde, Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

              » Aprobación inicial do Plan especial de dotacións en Vilar

              Fecha publicación: 27/07/2017   |   Fecha límite de exposición: 30/09/2017

              Aprobado inicialmente o Plan especial de dotacións (equipamentos privados de uso asistencial – fogar residencial e residencia) en Vilar, tramitado a instancia de Dna. María Guadalupe Sampedro Casalta, en representación de OURENSENIOR, S.L., por acordo da Xunta de Goberno Local de data do 26/07/2017, de conformidade co artigo 75.1 a) da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu Regulamento, sométese a información pública por prazo dous meses, a contar desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia. Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinente. Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Coles, 27 de xullo de 2017. A ALCALDESA EN FUNCIONS, Asdo.: Susana Rodríguez Rodríguez

                » Convocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 14/05/2017.

                Fecha publicación: 14/07/2017   |   Fecha límite de exposición: 20/08/2018

                1. Número de prazas:1. 2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar. 3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. 4. Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. 5. Servizo: Servizo de axuda a domicilio (SAD). 6. Sistema de selección: concurso de méritos. 7. Duración do contrato, ata a fin de servizo: ata o 31/12/2017. 8. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.044,14 €. 9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: CINCO días hábiles a contar desde o día seguinte o da publicación desta Convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles). Coles, 14 de xullo de 2017 O Alcalde, Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

                  » Aprobación inicial expediente de modificación de créditos SC2/2017

                  Fecha publicación: 03/07/2017   |   Fecha límite de exposición: 15/08/2018

                  O Pleno do Concello de Coles, na sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2017, acordou a aprobación do expediente de de modificación de créditos (suplemento de crédito SC2/2017), dentro do vixente orzamento, en comprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, exponse ao público, por prazo de quince días hábiles, na secretaría do Concello, a fin de que durante o mesmo, que comezará a contarse desde o seguinte ao de inserir este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán dirixirse ao Pleno da Corporación. Coles 3 de xullo de 2017. O ALCALDE, Aso: Manuel Rodríguez Vázquez

                    » Convocatoria para a contratación laboral

                    Fecha publicación: 23/05/2017   |   Fecha límite de exposición: 30/06/2017

                    Convocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 23/05/2017. 1. Número de prazas:2. 2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar. 3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. 4. Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. 5. Servizo: Servizo de axuda a domicilio (SAD). 6. Sistema de selección: concurso de méritos. 7. Duración do contrato, ata a fin de servizo: ata o 31/12/2017. 8. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.044,14 €. 9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: SEIS días hábiles a contar desde o día seguinte o da publicación desta Convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles). Coles, 23 de maio de 2017 O Alcalde, Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

                      » Aprobación varios proxecto de obras

                      Fecha publicación: 07/03/2017   |   Fecha límite de exposición: 30/04/2014

                      EDICTO Aprobados, mediante resolución da Alcaldía do 07/03/2017, os proxectos técnicos que logo se relacionan, expóñense ao público, durante 20 días, a fin de que, durante o dito prazo se poidan presentar alegacións e reclamacións, entendéndose definitivamente aprobados, no caso de non presentarse. Relación de proxectos: - MELLORA CAMIÑOS EN SOBRAL, orzamento 60.190,80 euros. - MELLORA CAMIÑOS EN CRUCEIROS, orzamento 39.349,85 euros. - MELLORA CAMIÑOS EN MERIZ, orzamento 59.912,22 euros. - MELLORA CAMIÑOS EN OUTEIRO (MELIAS), orzamento 56.915,68 euros. - ASFALTADO CAMIÑOS GUSTEI-OUTEIRO DE MELIAS-CAMBEO, orzamento 51.885,00 euros. - PROLONGACIÓN DO SANEAMENTO EN MERIZ – CTRA. DE VILARCHAO, orzamento 35.870,60 euros. Coles, 7 de marzo de 2017 O ALCALDE, Asdo: Manuel Rodríguez Vázquez

                        » Aprobación suplemento de crédito SC1/2017

                        Fecha publicación: 06/03/2017   |   Fecha límite de exposición: 30/04/2017

                        EDICTO O Pleno do Concello de Coles, na sesión que tivo lugar o día 3 de marzo de 2017, acordou a aprobación do expediente de modificación de créditos (suplemento de crédito SC1/2017), dentro do vixente orzamento, en cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, exponse ao público, por prazo de quince días hábiles, na secretaría do Concello, a fin de que durante o mesmo, que comezará a contarse desde o seguinte ao de inserir este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán dirixirse ao Pleno da Corporación. Coles 6 de marzo de 2017. O ALCALDE, Aso: Manuel Rodríguez Vázquez

                          » Conta xeral exercicio 2016

                          Fecha publicación: 21/02/2017   |   Fecha límite de exposición: 31/03/2017

                          E D I C T O Formulada e rendida a CONTA XERAL correspondente ao exercicio de 2016 e informada pola comisión especial de contas, exponse ao público, cos documentos que a xustifican, na secretaría desta entidade polo espacio de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edicto no boletín oficial da provincia, ao obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes días, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 do 2 de abril e o 212.3 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Nos mesmos prazos, pode examinarse e formular alegacións ou reclamacións contra o expediente de rectificación de contraídos incorporado ao da conta xeral citada. Coles, 21 de febreiro de 2017. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ E D I C T O Formulada y rendida la CUENTA GENERAL correspondiente al ejercicio de 2016 e informada por la comisión especial de cuentas, se expone al público, con los documentos que la justifican, en la secretaría de esta entidad por espacio de quince días hábiles, contados a partir del siguiente al de la inserción del presente edicto en el boletín oficial de la provincia, al objeto de que los interesados legítimos puedan examinarla y formular por escrito los reparos y observaciones que se estimen pertinentes, durante dicho plazo de exposición y los ocho días siguientes, en conformidad con lo dispuesto en los artículos 116 de la Ley 7/1985 de 2 de abril y el 212.3 del RDL 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley reguladora de las haciendas locales. En los mismos plazos, se puede examinar y formular alegaciones o reclamaciones contra el expediente de rectificación de contraídos incorporado al de la cuonta general citada. Coles, 21 de febrero de 2017. EL ALCALDE, FDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                            » Convocatoria procedemento aberto para a adxudicación do contrato administrativo especial para a explotación da hípica de Coles.

                            Fecha publicación: 16/01/2017   |   Fecha límite de exposición: 28/02/2017

                            De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local, do 16/01/2017, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato administrativo especial para a EXPLOTACIÓN DA HÍPICA DE COLES, conforme aos seguintes datos: 1. Entidade adjudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información: a) Organismo: Concello de Coles. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Obtención de documentación e información: 1) Dependencia: Secretaría. 2) Domicilio: Vilarchao, 34. 3) Localidade e código postal: Coles, 32152. 4) Teléfono: 988205134. 5) Telefax: 988205107. 6) Correo electrónico: aedl@concellodecoles.org 7) Dirección de Internet do perfil do contratante: www.concellodecoles.com 8) Data límite de obtención de documentación e información: Cinco primeiros días do prazo de presentación de proposicións e documentación. 2. Obxecto do Contrato: EXPLOTACION DA HÍPICA DE COLES. a) Tipo: Contrato administrativo especial. b) Descrición: Explotación da Hípica de Coles. c) Situación: Inmediacións de A Barra. 3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: Ordinaria. b) Procedemento: Aberto. d) Criterios de adxudicación: Oferta económica máis ventaxosa e varios criterios de adxudicación: 1.- Canon ofertado: de 0 a 2 puntos. 2.- Experiencia na xestión de instalacións semellantes: de 0 a 2 puntos. 3.- Medios humans e cualificación relacionada coa materia: de 0 a 2 puntos. 4.- Melloras materiais ofertadas: de 0 a 2 puntos. 5.- Plan de xestión: 0 a 2 puntos. 4. Orzamento base de licitación: a) Importe mínimo do canon a ofertar: 500,00 euros anuais máis IVE. 5. Garantías esixidas. a) Provisional: non se esixe. b) Definitiva: 2.000,00 euros. 7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: Non se esixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (no seu caso): Constan no prego. 8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación: Ás 14:00 horas do quinceavo día hábil, a contar dende a publicación do presente anuncio no BOP de Ourense. b) Modalidade de presentación: Tres sobres pechados. c) Lugar de presentación: Concello de Coles. 1. Dependencia: Rexistro xeral. 2. Domicilio: Vilarchao, 34. 3. Localidade e código postal: Coles, 32152. 4. Dirección electrónica: aedl@concellodecoles.org 9. Apertura de ofertas: a) Sobre A (documentación): Ás 12:00 horas do 1º martes hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas. Sobre B (melloras): Ás 13:00 horas do 1º martes hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas. Sobre C (oferta económica): Anunciarase no perfil do contratante, con antelación mínima de 48 horas. b) Dirección: Casa do concello de Coles. Vilarchao, 34, 32152-Coles. 10. Gastos de Publicidade: Por conta do adxudicatario, ata 200 euros. Coles, a 16 de xaneiro de 2017. O Alcalde, Manuel Rodríguez Vázquez

                              » Calendario fiscal 2017

                              Fecha publicación: 16/01/2017   |   Fecha límite de exposición: 31/03/2017

                              EDICTO Acordo da Xunta de Goberno Local do 16/01/2017, referido ao calendario fiscal de 2017. 1. PADRÓNS COBRATORIOS De conformidade co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, anúnciase exposición ao público, nas oficinas do concello de Coles, durante 15 días hábiles, contados a partir das datas que se indican, os seguintes padróns tributarios: CONCEPTO DATA INICIO EXPOSICIÓN Taxa servizo axuda fogar, 1º trimestre-2017 Taxa auga, sumidoiros e canon auga, 1º trimestre-2017 17/04/2017 Taxa servizo axuda fogar, 2º trimestre-2017 Taxa auga, sumidoiros e canon auga, 2º trimestre-2017 17/07/2017 Taxa servizo axuda fogar, 3º trimestre-2017 Taxa auga, sumidoiros e canon auga, 3º trimestre-2017 Prezo público actividades tempo libre, 1º recibo, curso 2017-18 16/10/2017 Taxa servizo axuda fogar, 4º trimestre-2017 Taxa auga, sumidoiros e canon auga, 4º trimestre-2017 Prezo público actividades tempo libre, 2º recibo, curso 2017-18 16/01/2018 Lugar, horario de exposición: Concello de Coles, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. 2. ANUNCIO DE COBRANZA A teor do sinalado nos artigos 24 e seguintes do regulamento xeral de recadación, aprobado polo RD 939/2005, do 29 de xullo, no tocante á notificación colectiva, ponse en coñecemento dos contribuíntes e suxeitos pasivos afectados polos tributos antes sinalados que o período voluntario de cobranza é: CONCEPTO PERIODO DE COBRANZA Taxa servizo axuda fogar, 1º trimestre-2017 Taxa auga, sumidoiros e canon auga, 1º trimestre-2017 Comezo: 18/04/2017. Fin: 16/06/2017 Taxa servizo axuda fogar, 2º trimestre-2017 Taxa auga, sumidoiros e canon auga, 2º trimestre-2017 Comezo: 16/07/2017. Fin: 16/09/2017 Taxa servizo axuda fogar, 3º trimestre-2017 Taxa auga, sumidoiros e canon auga, 3º trimestre-2017 Prezo público actividades tempo libre, 1º recibo, curso 2017-18 Comezo: 16/10/2017. Fin: 15/12/2017 Taxa servizo axuda fogar, 4º trimestre-2017 Taxa auga, sumidoiros e canon auga, 4º trimestre-2017 Prezo público actividades tempo libre, 2º recibo, curso 2017-18 Comezo: 16/01/2018. Fin: 15/03/2018 Lugares de pagamento: A taxa do servizo de axuda no fogar e a de actividades do tempo libre, en calquera das oficinas das entidades bancarias de Abanca e nas oficinas da Mancomunidade Santa Águeda (A Pena, s/n. 32102. Vilamarín). Horario de pagamento: De luns a venres,de 9.00 a 13.30 horas. A taxa de auga potable, sumidoiros e canon da auga, en calquera sucursal das entidades bancarias determinadas por VIAQUA, utilizando o impreso enviado aos contribuíntes pola concesionaria. Caso de non recibilo, pódese retirar un duplicado nas súas oficinas (sitas en r/ Avilés de Taramancos, núm. 6, baixo. 32003. Ourense) ata o último día de pagamento. Aos contribuíntes que domicilien o pagamento, cargaráselle o importe da débeda na conta bancaria que indiquen. Coles, 16 de xaneiro de 2017. O Alcalde, Asdo: Manuel Rodríguez Vázquez

                                » Aprobación definitiva ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamento especial do dominio público local

                                Fecha publicación: 27/12/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/01/2017

                                ANUNCIO: Elevado a definitivo o acordo plenario de aprobación da ordenanza fiscal reguladora por aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de suministros de interese xeral, aprobada inialmente polo Pleno en sesión realizada 31/05/2017, e de conformidade co artigo 17.4 do RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, publícase o texto íntegro da ordenanza. Contra o acordo aprobatorio, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do TSXG, no prazo de dous meses contados a partir da presente publicación, como dispón o artigo 19 do mesmo corpo legal. ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PUBLICO LOCAL, A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓNS DE INTERES XERAL Artigo 1. Fundamento e natureza Ao amparo do previsto nos artigos 57 e 24.1.c do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regúlase a taxa por utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no chan, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal. Artigo 2. Feito impoñible 1. Constitúe o feito impoñible da taxa o goce da utilización privativa, ou os aproveitamentos especiais constituídos no chan, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas ou entidades que utilizan o dominio público para prestar os servizos de subministracións que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou unha parte importante da veciñanza. 2. O aproveitamento especial do dominio público producirase a condición de que para a prestación do servizo de subministración sexa necesario utilizar unha rede que materialmente ocupa o chan, subsolo ou voo das vías públicas municipais, con independencia de quen sexa o titular da rede. 3. En particular, comprenderanse entre os servizos referidos nos apartados anteriores, as subministracións de auga, gas, electricidade, telecomunicacións sobre redes fixas e outros medios de comunicación diferentes da telefonía móbil. Artigo 3. Suxeitos pasivos 1. Son suxeitos pasivos as empresas ou entidades explotadoras de servizos de subministracións que resulten de interese xeral ou afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza, tales como abastecemento de auga, subministración de gas, electricidade e telecomunicacións sobre redes fixas e outros análogos, así como as empresas que explotan a rede de comunicación mediante sistemas de fibra óptica, televisión por cable ou calquera outra técnica, independentemente do seu carácter público ou privado. A estes efectos, inclúense entre as empresas explotadoras dos devanditos servizos as empresas distribuidoras e comercializadoras dos mesmos. 2. Aos efectos da taxa aquí regulada, teñen a consideración de suxeitos pasivos as empresas ou entidades explotadoras ás que se refire o apartado anterior, tanto si son titulares das correspondentes redes a través das cales se efectúen as subministracións coma se, non sendo titulares das devanditas redes, o son de dereitos de uso, acceso ou interconexión ás mesmas. 3. As empresas titulares das redes físicas, ás cales non resulte aplicable o previsto nos apartados anteriores, están suxeitos á taxa por ocupacións do chan, o subsolo e o voo da vía pública, regulada na ordenanza fiscal correspondente. Artigo 4. Sucesores e responsables 1. As obrigacións tributarias pendentes das sociedades e entidades con personalidade xurídica disoltas e liquidadas transmitiranse aos socios, coparticipes ou cotitulares, que quedarán obrigados solidariamente até os límites seguintes: a) Cando non exista limitación de responsabilidade patrimonial, a contía íntegra das débedas pendentes. b) Cando legalmente limitouse a responsabilidade, o valor da cota de liquidación que lles corresponda. Poderán transmitirse as débedas devengadas na data de extinción da personalidade xurídica da sociedade ou entidade, aínda que non estean liquidadas. 2. As obrigacións tributarias pendentes das sociedades mercantís, en supostos de extinción ou disolución sen liquidación, transmitiranse ás persoas ou entidades que sucedan, ou sexan beneficiarios da operación. 3. As obrigacións tributarias pendentes das fundacións, ou entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, en caso de disolución das mesmas, transmitiranse aos destinatarios dos bens e dereitos das fundacións, ou aos partícipes ou cotitulares das devanditas entidades. 4. As sancións que procedan polas infraccións cometidas polas sociedades e entidades ás cales se refiren os apartados 2, 3, 4 do presente artigo esixiranse aos sucesores daquelas. 5. Responderán solidariamente da débeda tributaria as seguintes persoas ou entidades: a) As que sexan causantes ou colaboren activamente na realización dunha infracción tributaria. A súa responsabilidade esténdese á sanción. b) Os partícipes ou cotitulares das entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, en proporción ás súas respectivas participacións. c) Quen sucedan por calquera concepto na titularidade de explotacións económicas, polas obrigacións tributarias contraídas por para o anterior titular e derivadas do seu exercicio. Exceptúanse de responsabilidade as adquisicións efectuadas nun procedemento concursal. 6. Responderán subsidiariamente da débeda tributaria, os administradores de feito ou de dereito das persoas xurídicas que non realizasen os actos necesarios do seu incumbencia para o cumprimento das obrigacións tributarias até os límites seguintes: a) Cando se cometeu infraccións tributarias responderán da débeda tributaria pendente e de sanciónalas. b) En supostos de cesamento das actividades, polas obrigacións tributarias devengadas, que se atopen pendentes na data de cesamento, sempre que non fixesen o necesario para o seu pago ou adoptasen acordos causantes da falta de pagamento. 7. responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e de acordo co procedemento previsto á Lei xeral tributaria. Artigo 5. Base impoñible 1. Cando o suxeito pasivo sexa titular da rede que ocupa o chan, subsolo ou voo das vías públicas, mediante cuxo uso se produce o gozar do aproveitamento especial do dominio público local, a base impoñible está constituída pola cifra de ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente no termo municipal as empresas ou entidades sinaladas no artigo 3 puntos 1 e 2 desta ordenanza. 2. Cando para o gozar do aproveitamento especial a que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo utilizase redes alleas, a base impoñible da taxa está constituída pola cifra de ingresos brutos obtidos anualmente no termo municipal minorada nas cantidades que haxa de abonar ao propietario da rede, polo uso da mesma. 3. Aos efectos dos apartados anteriores, teñen a consideración de ingresos brutos procedentes da facturación aqueles que, sendo imputables a cada entidade, obtivéronse pola mesma como contraprestación polos servizos prestados neste termo municipal, en desenvolvemento da actividade ordinaria; só se excluirán os ingresos orixinados por feitos ou actividades extraordinarias. 4. As taxas reguladas nesta ordenanza exixibles ás empresas ou entidades sinaladas no artigo 3, puntos 1 e 2 desta ordenanza, son compatibles con outras taxas establecidas, ou que poida establecer o Concello, pola prestación de servizos ou realización de actividades de competencia local, das cales as mencionadas empresas haxan de ser suxeitos pasivos. Artigo 6 . Tipo e cota tributaria A contía da taxa determínase aplicando o 1,5 por 100 á base impoñible definida no artigo 5 desta ordenanza. Artigo 7. Devengo da taxa 1. O período impositivo coincide co ano natural salvo nos supostos de inicio ou cesamento na utilización ou aproveitamento especial do dominio público local necesario para a prestación da subministración ou servizo, casos nos que o período comprende desde o inicio até o cesamento efectivo. 2. A taxa acredítase o primeiro día do período impositivo. Artigo 8. Réxime de declaración e de ingreso 1. Establécese o réxime de autoliquidación para cada tipo de subministración, que terá periodicidade anual e comprenderá a totalidade dos ingresos brutos facturados no ano natural ao que se refira. O cesamento na prestación de calquera subministración ou servizo de interese xeral, comporta a obrigación de facer constar esta circunstancia na autoliquidación do período correspondente así como a data da finalización. 2. A data de presentación finalizará o último día do mes seguinte ou inmediato hábil posterior a cada ano natural. Presentarase ante o Concello unha autoliquidación para cada tipo de subministración efectuada no termo municipal, especificando o volume de ingresos percibidos, e en caso as peaxes de acceso ou gastos de interconexión. 3. A presentación das autoliquidaciones despois do prazo fixado no punto 2 deste artigo, orixinará a liquidación de recarga de extemporaneidad, segundo o que prevé o artigo 27 da Lei xeral tributaria. Artigo 9. Infraccións e sancións 1. A falta de ingreso da débeda tributaria que resulta da autoliquidación correcta da taxa dentro dos prazos establecidos nesta ordenanza, constitúe infracción tributaria tipificada no artigo 191 da Lei xeral tributaria, infracción que se cualificará e sancionará segundo dispón o referido artigo. 2. O resto de infraccións tributarias que poidan cometerse nos procedementos de xestión, inspección e recadación desta taxa, se tipificaran e sancionasen de acordo co previsto na Lei xeral tributaria. Disposición Adicional. Modificación dos preceptos da ordenanza e das referencias que fai á normativa vixente, con motivo da promulgación de normas posteriores. Os preceptos desta ordenanza fiscal que, por razóns sistemáticas reproduzan aspectos da lexislación vixente e outras normas de desenvolvemento, e aqueles en que se fagan remisións a preceptos desta, entenderase que son automaticamente modificados e ou/substituídos, no momento en que se produza a modificación dos preceptos legais e regulamentarios de que traen causa. Disposición derrogatoria. A presente Ordenanza fiscal derroga, con efectos do 1 de xaneiro de 2017, a ordenanza fiscal denominada “Taxa pola ocupación do solo, subsolo e voo da vía pública”, aprobada polo pleno deste Concello en sesión celebrada o día 6/10/1998, publicada no Boletín Oficial da Provincia núm. 284 do 12/12/1998. Disposición final A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.” Coles, 27 de decembro do 2016. O ALCALDE. Asdo. Manuel Rodríguez Vázquez

                                  » Modificación da ordenanza da taxa pola subministración de auga potable

                                  Fecha publicación: 27/12/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/01/2017

                                  EDICTO Aprobada polo pleno, en sesión de 4-11-2016 a modificación da ordenanza de la TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE e exposta ao público durante trinta días sen que se apresentasen reclamacións, publícanse os artigos modificados, de conformidade co previsto no artigo 17.4 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Contra o acordo aprobatorio, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do TSXG, no prazo de dous meses contados a partires da presente publicación, tal e como dispón o artigo 19 do mesmo corpo legal. MODIFICACIÓN DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE Artigo único: Os artigos 6º e a disposición final da ordenanza publicada no BOP núm. 299 de 22-12-10, aprobada polo pleno con data 28-10-10, fican redactados do seginte xeito: Art. 6º.- Cota Tributaria. A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa nas seguintes tarifas: 6.1.-Dereitos e execución de acometida.- Dende a rede xeral até a propiedade do solicitante aboaranse por unha soa vez 243,72 euros máis 3,67 euros por cada metro de tubería que exceda de catro. Cando a concesionaria realice a apertura da gabia e a correspondente reposición a propiedade aboará o importe das obras, en base ao presuposto pactado ou 121,87 euros máis 25,43 euros por cada metro que exceda de catro. 6.2.-Conservación de acometidas e contadores.- Cada usuario aboará por este concepto o importe dde 2,96 euros trimestrais. 6.3.-Tarifa mínima obrigatoria.- Cada usuario aboará 13,98 euros trimestrais. 6.4.-Tarifas de consumo.- Aboaranse as cantidades que se indican por m/3 consumido segundo os tramos que se establecen: TARIFA CONCEPTO EUROS 6.4.1 DE MAIS DE 0 M/3 ATA 60 M/3............................... 0,38 6.4.2 DE MAIS DE 60 M/3 ATA 150 M/3........................... 0,56 6.4.3 DE MAIS DE 150 M/3 ATA 240 M/3......................... 1,87 6.4.4 DE MAIS DE 240 M/3 ATA 300 M/3........................... 2,81 6.4.5 DE MAIS DE 300 M/3 ATA ……................................ 4,72 6.4.6 CONSUMOS INDUSTRIAIS......................................... 0,48 6.5.-Xestión administrativa do corte do servizo.- Por cada vez que se tramite o corte do servizo, os usuarios aboarán 39,44 € pola correspondente xestión administrativa. 6.6.-Verificación por contador alleo á concesionaria.- Cando o usuario instale un contador non subministrado pola concesionaria aboará pola verificación da instalación, 21,95 €. 6.7.-Substitución de contador por verificación do funcionamento.- Cando proceda a verificación oficial do contador por interese do usuario, este aboará 21,95 € pola substitución. As medicións de consumo, realizaranse con periodicidade trimestral, se ben con carácter continuado para as distintas zonas da cidade, de modo que se respecten os períodos de 3 meses nas lecturas de cada usuario, e de non resultar posible tecnicamente, se permitirán oscilacións máximas de cinco días, por exceso ou por defecto, respecto ao período trimestral. Disposición final. A presente modificación da ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicaciòn no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1º de xaneiro do 2017, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derroga- ción expresa. Coles, 27 de decembro de 2016. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                    » Modificación da ordenanza da taxa polo servizo de saneamento, tratamento e depuración de augas residuais

                                    Fecha publicación: 27/12/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/01/2017

                                    EDICTO Aprobada polo pleno, en sesión de 4-11-2016 a modificación da ordenanza TAXA POLO SERVIZO DE SANEAMENTO, TRATAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS e exposta ao público durante trinta días sen que se apresentasen reclamacións, publícanse os artigos modificados, de conformidade co previsto no artigo 17.4 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Contra o acordo aprobatorio, que esgota a vía administrativa, poderase interpór recurso contencioso-administrativo diante da sala correspondente do TSXG, no prazo de dous meses contados a partir da presente publicación, tal e como dispón o artigo 19 do mesmo corpo legal. MODIFICACIÓN DA TAXA POLO SERVIZO DE SANEAMENTO, TRATAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS Artigo único: Os artigos 5º e a disposición final da ordenanza publicada no BOP núm. 292 de 22-12-10, aprobada polo pleno con data 28-10-10, fican redactados do seginte xeito: Art. 5º.- Base impoñible e cota tributaria. 1.-A base impoñible estará determinada pola cantidade de auga vertida, que será equivalente a auga consumida, de calquera orixe ou natureza, medida ou estimada en metros cúbicos. 2.-A cota tributaria aplicarase a base impoñible unha tarifa de estructura binómica que consta de unha cota fixa e de unha cota variable: -A cota fixa, pola dispoñibilidade técnica do servizo de saneamento: 7,94 euros ao trimestre por abonado. -Naqueles casos nos que o abonado do servizo de saneamento non sexa abonado do servizo de abastecemento de auga, e non teñan instalado un caudalímetro a cota fixa será de: 16,11 euros ao trimestre por abonado. -A cota variable, establecida en 0,32 euros por metro cúbico de auga que se consuma medida ou estimada cada trimestre. Disposición derradeira. A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do 1º de xaneiro de 2017, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Coles, 27 de decembro de 2016. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                      » Delegación de competencias

                                      Fecha publicación: 15/12/2016   |   Fecha límite de exposición: 15/01/2017

                                      De conformidade co establecido nos artígos 23.4 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora do réxime local, artigos 61.1. s) e 61.3 e 4 da Lei 5/1997 do 22 de xullo de aministración local de Galicia e 43.3 e 44 do R. D. 2568/86 do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. RESOLVO: Delegar na concelleira dona Susana Rodríguez Rodríguez a competencia para a sinatura do convenio entre a Deputación de Ourense e os concellos integrados na Rede de espazos culturais da provincia de Ourense, que terá lugar no centro cultural “Marcos Valcárcel” o día 19 de decembro de 2016. Coles, 15 de decembro de 2016 O ALCALDE, ASDO: Manuel Rodríguez Vázquez

                                        » Aprobación definitiva suplemento crédito SC3/2016

                                        Fecha publicación: 02/12/2016   |   Fecha límite de exposición: 15/01/2017

                                        Ficando definitivamente aprobado polo Pleno desta Corporación o expediente de suplemento de créditos número SC3/2016 dentro do vixente orzamento municipal, por acordo adoptado en sesión do día 4/11/2016 cuxo importe ascende a 48.000,00 €, de acordo co disposto e en cumprimento do sinalado no artigo 177.2 en ralación co 169.3 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, publícase o resumo por capítulos do Estado de Gastos, do referido Orzamento quedando da seguinte maneira: CLASIFICACION ECONOMICA POR CAPITULOS EUROS OPERACIONS CORRENTES CAPIT 1 GASTOS DE PERSOAL 456.124,01 CAPIT 2 GASTOS EN BENS CTES. E SERVIZOS. 688.966,84 CAPIT 3 GASTOS FINANCEIROS 0,00 CAPIT 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 280.200,00 OPERACIONS DE CAPITAL CAPIT 6 INVESTIMENTOS REAIS 773.863,06 CAPIT 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00 CAPIT 8 ACTIVOS FINANCEIROS CAPIT 9 PASIVOS FINANCEIROS SUMA 2.199.153,91 Coles, 2 de decembro de 2016 O Alcalde, Asdo. Manuel Rodríguez Vázquez

                                          » Aprobación definitiva orzamento 2017

                                          Fecha publicación: 02/12/2016   |   Fecha límite de exposición: 15/01/2016

                                          Aprobado inicialmente, por acordo plenario de 4 de novembro de 2016, o ORZAMENTO PARA 2017 e exposto ao público, sen que se presentasen reclamacións, fica definitivamente aprobado. En consideración ao disposto no artigo 169.3 do vixente R.D.L. 2/2.004, do 5 de marzo, faise público o nomeado orzamento, que ascende, tanto en gastos como en ingresos, á cantidade de un millón oitocentos noventa mil (1.890.000,00) euros. De camiño tamén se lle da publicidade á plantilla de persoal, dedicación parcial do Alcalde, asistencias a sesións e indemnizacións, aprobadas naquela sesión a teor do artigo 126 do RDL 781/1986 do 18 de abril e 75.5 da Lei 7/1985, do 2 de abril. Segundo establece o artigo 171 do citado RDL 2/2004, contra o acordo de aprobación definitiva dos orzamentos, pódese interpór recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que establecen as normas de dita xurisdicción. CLASIFICACION FUNCIONAL POR ÁREAS DE GASTO EUROS ÁREA GASTO 1 SERVIZOS PÚBLICOS BÁSICOS 1.115.412,63 ÁREA GASTO 2 ACTUAC. PROTEC. E PROM. SOCIAL 186.978,68 ÁREA GASTO 3 PRODUCC. BENS PUBLIC. C.PREFERENTE 191.484,44 ÁREA GASTO 4 ACTUACIÓNS DE CARAC. ECONÓMICO 1.000,00 ÁREA GASTO 9 ACTUACIÓNS DE CARAC. XERAL 395.124,25 ÁREA GASTO 0 DÉBEDA PÚBLICA 0,00 SUMA............................ 1.890.000,00 CLASIFICACION ECONOMICA POR CAPITULOS EUROS OPERACIONS CORRENTES CAPIT 1 GASTOS DE PERSOAL 449.413,30 CAPIT 2 GASTOS EN BENS CTES. E SERVIZOS 540.371,95 CAPIT 3 GASTOS FINANCEIROS 0,00 CAPIT 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 281.012,00 OPERACIONS DE CAPITAL 0,00 CAPIT 6 INVESTIMENTOS REAIS 619.202,75 CAPIT 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00 CAPIT 8 ACTIVOS FINANCEIROS 0,00 CAPIT 9 PASIVOS FINANCEIROS 0,00 SUMA.............................. 1.890.000,00 CLASIFICACION ECONOMICA DE INGRESOS EUROS OPERACIONS CORRENTES CAPIT 1 IMPOSTOS DIRECCTOS 542.555,00 CAPIT 2 IMPOSTOS INDIRECTOS 0,00 CAPIT 3 TAXAS, PREZOS PUB. E OUTROS ING. 211.827,04 CAPIT 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 1.077.408,96 CAPIT 5 INGRESOS PATRIMONIAIS 1.699,00 OPERACIONS DE CAPITAL 0,00 CAPIT 6 ALLEAMENTO DE INV. REAIS 0,00 CAPIT 7 TRANSFERENCIAS DE CAP. 56.510,00 CAPIT 8 ACTIVOS FINANCEIROS 0,00 CAPIT 9 PASIVOS FINANCEIROS 0,00 SUMA.............................. 1.890.000,00 PLANTILLA DE PERSOAL PERSOAL FUNCIONARIO.- Nº ORDE DENOMINACIÓN DA PRAZA GRUPO Nº DE GRUPO NÍVEL CATEGORIA PRAZAS C.DEST 1 HABILITACIÓN NACIONAL SECRETARÍA-INT. 1 A1/A2 30 3 ADMINISTRACIÓN XERAL ADMINISTRATIVA 2 C1 22 TOTAL P. FUNCIONARIO 3 PERSOAL LABORAL(PRAZAS FIXAS).- Nº ORDE DENOMINACIÓNDA PRAZA GRUPO Nº DE GRUPO NÍVEL CATEGORIA PRAZAS C.DEST 1 OPERARIO DE SERVIZOS VARIOS PEÓN 1 10 2 SERVIZO AXUDA FOGAR PEÓN 1 10 3 CONSERXE COLEXIO A.FAILDE PEÓN 1 8 4 LIMPEZA EDIFICIOS PEÓN 3 10 5 TÉCNICO LOCAL DE EMPREGO T.MEDIO 1 2 6 APARELLADOR T.MEDIO 1 2 7 AUX. XULGADO DE PAZ AUXILIAR 1 7 8 OFICIAL DE SERVIZOS VARIOS OFICIAL 2º 1 8 TOTAL P. LABORAL FIXO 10 PERSOAL LABORAL (PRAZAS TEMPORAIS).- Nº ORDE DENOMINACIÓN DA PRAZA GRUPO Nº DE GRUPO NÍVEL CATEGORIA PRAZAS C.DEST 1 SERVIZO AXUDA FOGAR PEÓN 5 10 TOTAL P. L. TEMPORAL 5 ACORDO SOBRE DEDICACIÓN CARGOS ELECTOS, ASISTENCIAS E INDEMNIZACIÓNS: a) Asistencias a sesións: Os Concelleiros/as por cada asistencia efectiva ás sesións do Pleno e comisións informativas percibirá unha indemnización de 55,00 € e 95,00 € por acudir ás sesións da Xunta de Goberno Local. As asignacións citadas percibiranse anualmente, e surtirán efecto a partir do día 1º do mes de xaneiro. b) Indemnizacións: Cada membro da Corporación, por cometidos específicos do cargo, fóra do término municipal, recibirá, se non dorme fora, unha dieta diaria de 50,00 €, complementada con 100,00 € se pernoctase fora, e 0,19 € por quilómetro se viaxa no seu coche, liquidándose media dieta cando a xestión dure menos de tres horas. Todo elo para cando non se presenten xustificantes de gastos, pois se se apresentan, os límites serán os previstos para a administración do Estado. c) Retribucións dos membros electos da corporación: Dedicación parcial do Alcalde, cunha xornada semanal de 10 horas, 14 pagas de 783,69 € e cotización ao réxime xeral da Seguridade Social, no grupo II, excluíndo cotización por desemprego e fondo de garantía salarial. Coles, 2 de decembro de 2016. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                            » Rectificación de contraídos

                                            Fecha publicación: 21/11/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2016

                                            Unha vez aprobado inicialmente, por acordo da Xunta de Goberno Local de data 21 de novembro de 2016, o expediente de baixa colectiva por prescripción e outras causas de dereitos e obrigas pertencentes a agrupación de orzamentos pechados, exponse ao público a relación detallada, indicando conceptos e importes, durante o prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP. De non presentarse reclamacións, entenderase aprobado definitivamente e efectuaranse as anotacións contables procedentes. Coles, 21 de novembro de 2016. O ALCALDE, Manuel Rodríguez Vázquez

                                              » Convocatoria para a contratación de persoal laboral

                                              Fecha publicación: 14/11/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2016

                                              Convocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do Decreto da Alcaldía de data 14/11/2016. 01. Número de prazas:5. 02. Denominación: auxiliar de axuda no fogar. 03. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. 04. Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. 05. Servizo: Servizo de axuda a domicilio (SAD). 06. Sistema de selección: concurso de méritos. 07. Duración do contrato: ata a fin de servizo (31/12/2017). 08. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.044,14 €. 09. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: 8 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos. 10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Coles (Lugar Vilarchao, 34 – 32152 Coles). Coles, 14 de novembro de 2016 O Alcalde, Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

                                                » Aprobación do proxecto técnico "Renovación cadros iluminación pública"

                                                Fecha publicación: 14/11/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2016

                                                Aprobado, mediante resolución da Alcaldía do 10/11/2016, o proxecto técnico que logo se indica, exponse ao público, durante 20 días, a fin de que, durante o dito prazo se poidan presentar alegacións e reclamacións, entendéndose definitivamenteaprobado, no caso de non presentarse. Proxecto: - RENOVACIÓN CADROS ILUMINACIÓN PÚBLICA, orzamento 22.670,00 euros. Coles, 14 de novembro de 2016 O ALCALDE, Asdo: Manuel Rodríguez Vázquez

                                                  » Modificación da ordenanza da taxa pola subministración de auga potable

                                                  Fecha publicación: 07/11/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2016

                                                  Aprobada polo Pleno, en sesión de 4-11-2016, a modificación da ordenanza da TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE, seguindo o disposto no artigo 49 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 17 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público o expediente durante trinta días a efectos de exame e reclamacións. Se transcorrido o dito prazo non se presentasen alegacións, considerase aprobado definitivamente o devandito acordo. Coles, 7 de novembro do 2016. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                                    » Aprobación inicial orzamento xeral exercicio económico 2017

                                                    Fecha publicación: 07/11/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2016

                                                    Unha vez aprobado inicialmente polo pleno da corporación, en sesión do 4 de novembro de 2016, o orzamento xeral para o exercicio económico 2017, co cadro de persoal para o citado exercicio, segundo o disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, así como noutras disposicións concordantes, exponse ao público, por un prazo de quince días hábiles, que comezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no B.O.P., a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións oportunas. O Orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións. Coles, 7 de novembro do 2016. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                                      » Aprobación expediente suplemento de crédito SC3/2016

                                                      Fecha publicación: 07/11/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2016

                                                      O Pleno do Concello de Coles, na sesión que tivo lugar o día 4 de novembro de 2016, acordou a aprobación do expediente de suplemento de crédito SC3/2016, dentro do vixente orzamento, en comprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, exponse ao público, por prazo de quince días hábiles, na secretaría do Concello, a fin de que durante o mesmo, que comezará a contarse desde o seguinte ao de inserir este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán dirixirse ao Pleno da Corporación. Coles, 7 de novembro do 2016. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                                        » Aprobación provisional ordenanza reguladora por aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros de interese xeral

                                                        Fecha publicación: 07/11/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2016

                                                        Aprobada provisionalmente polo Pleno, en sesión de 4-11-2016, a ordenanza fiscal reguladora por aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de suministros de interese xeral, que derroga a “Taxa pola ocupación do solo, subsolo e voo na vía pública” e, seguindo o disposto no artigo 49 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 17 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público o expediente durante trinta días a efectos de exame e reclamacións. Se transcorrido o dito prazo non se presentasen alegacións, considerase aprobado definitivamente o devandito acordo. Coles, 7 de novembro do 2016. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                                          » Modificación da ordenanza da taxa polo servizo de saneamento e deputación de augas residuais

                                                          Fecha publicación: 07/11/2016   |   Fecha límite de exposición: 31/12/2016

                                                          Aprobada polo Pleno, en sesión de 4-11-2016, a modificación da ordenanza da TAXA POLO SERVIZO DE SANEAMENTO, TRATAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS, seguindo o disposto no artigo 49 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 17 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público o expediente durante trinta días a efectos de exame e reclamacións. Se transcorrido o dito prazo non se presentasen alegacións, considerase aprobado definitivamente o devandito acordo. Coles, 7 de novembro do 2016. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                                            » Convocatoria selección persoal laboral temporal por concurso (SAD)

                                                            Fecha publicación: 26/11/2015   |   Fecha límite de exposición: 03/12/2015

                                                            » Modificación do anexo de investimentos do orzamento e suplemento de crédito SC1/2015

                                                            Fecha publicación: 29/06/2015   |   Fecha límite de exposición: 06/07/2015

                                                            Acorado polo Pleno do Concello do 26 de xuño de 2015.

                                                            » Edicto de Organización do Concello de Coles

                                                            Fecha publicación: 18/06/2015   |   Fecha límite de exposición: 25/06/2015

                                                            Publicación das seguintes resolucións:

                                                            - Nomeamento de Tenentes Alcaldes
                                                            - Nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local
                                                            - Delegación de Competencias da Alcaldía na Xunta de Goberno Local (Acordos)
                                                            - Nomeamento de Tesoureiro

                                                            » PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS

                                                            Fecha publicación: 02/05/2014   |   Fecha límite de exposición: 31/07/2014

                                                            Lembramos a obriga da limpeza de maleza en fincas (nun radio de 30 metros dende calquera edificación) e certas árbores (radio de 50 metros).

                                                            Antes do 30 de xuño de cada ano.

                                                            Imposición de sancións pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

                                                             

                                                              » Cobranza en voluntaria do I.B.I. e B.I.C.ES

                                                              Fecha publicación: 02/05/2014   |   Fecha límite de exposición: 01/07/2014


                                                              Aberto o prazo para a cobranza en voluntaria dos impostos do I.B.I. e B.I.C.ES (02/05/2014 a 30/06/2014)

                                                              » Taxa reguladora das licenzas, actividades e verificacións urbanísticas

                                                              Fecha publicación: 28/04/2014   |   Fecha límite de exposición: 31/05/2014

                                                              Aprobada polo pleno, en sesión do 14/03/2014 a imposición e ordenación da TAXA REGULADORA DAS LICENZAS, ACTIVIDADES E VERIFICACIÓNS URBANÍSTICAS e exposta ao público durante trinta días sen que se presentasen reclamacións, publícanse os artigos modificados, de conformidade co previsto no artigo 17.4 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladoras das facendas locais.

                                                              » COBRANZA EN VOLUNTARIA IVTM E LIXO

                                                              Fecha publicación: 31/01/2014   |   Fecha límite de exposición: 02/04/2014

                                                                » Solicitude de Prazas de Xuiz de Paz titular e substituto

                                                                Fecha publicación: 29/01/2014   |   Fecha límite de exposición: 16/02/2014

                                                                Tendo en conta o disposto no artigo 101 da Lei 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e disposicións concordantes, ábrese o prazo para presentar no rexistro do Concello solicitude para as prazas de xuíz de paz titular e substituto.
                                                                 
                                                                Prazo de presentación de solicitudes:
                                                                15 días despois da publicación do presente edicto no B.O.P.
                                                                 
                                                                Documentación:
                                                                instancia segundo modelo que obra no concello de Coles e curriculo do solicitante.
                                                                 
                                                                Méritos que pode alegar:
                                                                experiencia, residencia habitual, dispoñibilidade para o cargo.

                                                                » Exposición Pública da Conta Xeral 2013

                                                                Fecha publicación: 28/01/2014   |   Fecha límite de exposición: 15/02/2014

                                                                Formulada e rendida a CONTA XERAL correspondente ao exercicio de 2013 e informada pola comisión especial de contas, exponse ao público, cos documentos que a xustifican, na secretaría desta entidade polo espacio de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edicto no boletín oficial da provincia, ao obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes días, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril e o 212.3 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
                                                                 
                                                                Nos mesmos prazos, pode examinarse e formular alegacións ou reclamacións contra o expediente de rectificación de contraídos incorporado ao da conta xeral citada.

                                                                » Aprobación das Taxas pola prestación de servizo público de Axuda a Domicilio no Concello de Coles

                                                                Fecha publicación: 24/01/2014   |   Fecha límite de exposición: 15/12/2014

                                                                Aprobada polo pleno, en sesión de 29-11-2013, a ordenanza da “TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZO PÚBLICO DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE COLES” e exposta ao público sen que se presentasen reclamacións, fica definitivamente aprobada e publícanse os artigos modificados, de conformidade co previsto no artigo 17.4 do RDL 2/2004 de 5 de marzo.
                                                                 
                                                                Contra o acordo aprobatorio, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do TSXG, no prazo de dous meses contados a partires da presente publicación, tal e como sinala o artigo 19 do RDL 2/2004 de 5 de marzo.

                                                                » Aprobación Deinitiva do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Coles

                                                                Fecha publicación: 24/01/2014   |   Fecha límite de exposición: 31/01/2014

                                                                Logo de remata-lo período de exposición ao público do acordo inicial de aprobación do REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE COLES, sen que se presentase ningún tipo de reclamación, enténdese definitivamente adoptado o acordo de data do 29 de novembro de 2013, procedéndose á publicación do texto íntegro do citado regulamento, en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
                                                                 
                                                                Contra o acordo aprobatorio, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do TSXG, no prazo de dous meses contados a partires da presente publicación.

                                                                » Alteración de calificación do ben "Hípica de Coles"

                                                                Fecha publicación: 16/01/2014   |   Fecha límite de exposición: 31/03/2017

                                                                EDICTO Iniciado o expediente de alteración de calificación do ben, propiedade do Concello, inscrito no libro do inventario municipal (núm. 32), situado preto de A Barra, denominado “Chao do Monte”, sobre o que se atopa construída a “Hípica de Coles”, e calificado como ben de dominio público adscrito ao servizo público de Hípica de Coles, séguese o disposto no artigo artigo 8 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais, para convertelo en ben patrimonial, por telo acordado o Pleno na súa sesión de data 13/01/2017. A tal fin, expónse o expediente a información pública, por prazo de un mes, mediante anuncio no BOP de Ourense, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello, durante o cal pódense formular as alegacións e reclamacións que se estimen pertinentes. Se non se presentasen reclamacións no prazo indicado, considerarase definitivamente aprobada a citada alteración. Coles, 16 de xaneiro de 2017. O ALCALDE, ASDO: MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

                                                                   

                                                                  Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
                                                                  Programación e Deseño Web: Ainet Consulting
                                                                  (C) Concello de Coles - Aviso Legal